GALICIA LATENTE

A GALICIA DO PRESENTE

A cultura é aquilo que chamamos «nós»

Galicia latente é un estudo-libro de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples REALIDADES que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Edu- ardo de Martís e componse de 200 páxinas, 218 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos.

Conta cunha introdución antropolóxica de Rafael Quintía de 30 páxinas, onde se fai unha análise dos diferentes fitos etnográficos que compoñen a cultura galega no presente.

As oportunidades, os retos, o patrimonio (material e inmaterial), as costumes, as crenzas, os valores individuais dentro da colectividade; son características que constrúen a identidade. Aquelo que fai que cada persoa sexa especial e poida ir máis aló de «encher o molde».

No libro trátanse os diferentes fitos culturais da actualidade. Procura, logo, ser unha xanela aberta a unha Galiza diversa, moderna e con potencial de futuro, lonxe de tópicos e estereotipacións que a reducen a unha foto fixa das tradicións. Galicia Latente conta un relato novo/actual, da man de persoas anónimas -un grupo de mocidade xogando á baralla, unha veciña de Vilardevós, vendedoras de grelos na estrada N-550…-, e tamén da man doutras máis coñecidas, como Elena Ferro, renovadora dos zocos tradicionais, as compoñentes dos grupos Fillas de Cassandra ou Tanxugueiras, o poeta Ismael Ramos ou a chef Lucía Freitas. Todas elas configuran xeitos de facer evolucionar a tradición.

Neste relato de latexos culturais emerxentes, os espazos, rurais, urbanos e rururbanos -o monte, centros cul- turais, unha escola unitaria, un edificio biodinámico…-, tamén son testemuñas importantes do latexar; e non se foxe dos lugares de conflito -os cazadores, os eucaliptos e o negocio da madeira, a eólica e a mobilización veciñal por unha transición enerxética xusta, industrias como Alcoa en Xove, Inditex e o seu achegamento a elementos culturais de Galiza-, porque, a ollos do autor, o conflito e as contradicións inherentes á condición humana son ig- ualmente parte da Galiza do presente.

O fío que une a meirande parte das fotografías deste libro é a innovación desde a tradición; a evolución cultural, social e económica. Por iso a cámara do fotógrafo Eduardo de Martís coloca o obxectivo sobre quen enraíza forte no chan e conecta con outros mundos. Especial presenza teñen, xa que logo, proxectos de emprendemento, moitos deles impulsados por mulleres, que lle dan unha volta aos saberes tradicionais. Neste mesmo sentido, o libro procura visibilizar o valor do micro: esas ideas que nacen no local pero que non deixan de formar parte da universalidade.

ESQUEMA:
1 TERRITORIO; orografía, clima, ecosistema, natureza.
Tomamos a terra como eixo patrimonial da cultura. A terra como útero-nai xestadora da vida.
2 ECONOMÍA E OS RECURSOS; recursos naturais, oficios, aproveitamento, evolución, gastronomía.
Os recursos naturais e culturais como motor de sustentabilidade.
3 PAISAXE; visión, conceptualización, enclave, escea.
A paisaxe aporta a relación das persoas co espazo.
4 PATRIMONIO; valores, respecto, tolerancia, diversidade, espiritualidade.
Os valores como ferramenta de entendemento e convivencia.
6 Cultura; lecer, compartir, sentir, folclore, celebración, exaltación, inspiración.
O lecer xera a expresión intelectual, o coñecemento de acordo ao contexto dun pobo.
5 CULTURA; as costumes, os valores, o grupal, a expresión.
Os valores sociais enraizadas no territorio xeran a cultura.
6 IDENTIDADE; idioma, singularidade, diferenza, apego, enraizamento.
A identidade como valor de diferenciación e de construción de realidades.
7 LINGUA: metalinguaxe, xiros de expresión empatía, precisar
O entendemento entre territorio e sociedade como canle de comunicación e harmonía.
8 SOCIEDADE; organización (familia, amizades, comunidade), estrutura, irmandade, transmisión cultural, convi- vencia, xerarquía.

Galería de imaxes

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies