COOPERACIÓN

COOPERACIÓN PARTICIPATIVA DE GALICIA LATENTE

Neste apartado damos conta de diferentes iniciativas nas que colaboramos con outras entidades ou persoas na procura do ben común.

Cooperación con Saúde Mental A Mariña

Galicia latente coopera co proxecto “Conecta co mar. O mar é vida”, da Asociación Saúde Mental A Mariña. É un proxecto baseado na realización de actividades vencelladas ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural marítimo pesqueiro, e de sensibilizacióne coidado do medio mariño, a través da cultura marítima para incrementar o benestar psicolóxico e social das persoas con enfermidade mental, achegándoas dunha maneira activa e consciente ao mundo do mar.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies